Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello do Grove

Formación Ocupacional

Cuadro de texto: As persoas desempregadas que desexen mellorar a súa formación teñen á súa disposicón a Programación de Cursos de Formación Ocupacional realizada pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia en colaboración có Fondo Social Europeo. A impartición dos cursos realizase nos Centros Homologados distribuídos pola Comunidade Autónoma.

Para poder acceder a dita formación compre:

Estar inscrito na oficina de emprego correspondente.

Facer constar na demanda de emprego a dispoñibilidade para realizar cursos de formación.

Superar un proceso de selección específico para cada curso.

A Programación establécese anualmente  e os cursos adoitan iniciarse a partir do primeiro trimestre do ano e finalizan no mes de novembro.

Programación actual de cursos de Plan FIP na Comunidade Autónoma, distribuido por provincias.
Programación de cursos do Fondo Social Europeo 

FORMACIÓN EN ESCOLAS-OBRADOIRO-CASAS DE OFICIO E OBRADOIROS DE EMPREGO.

Escolas Obradoiro e Casas de Oficio:
Formación para inserción laboral de xovenes desempregados menores de 25 anos.
É unha formación teórico-práctica que ten unha duración entre 12 e 18 meses , 6 meses de teoría e 12 meses de práctica con contrato laboral. Estos proxectos de formación están relacionados con recuperación cultural , rehabilitación medio ambiental , mellora de condicións de vida ou outra actividade de utilidade pública ou de interese xeral e social.

Obradoiros de emprego:
Programa de inserción laboral dirixido a mayores de 25 anos cunha duración de 6 a 12 meses, o funcionamento é similar as escolas  obradoiro e casas de oficio.
As entidades promotoras poden ser múltiples e variadas , pero en lineas xerais concellos, fundacións, asociacións, entidades sen animo de lucro...

ADL  O Grove

R/Castelao, 173 Baixo                   Telfn: 986730609         adlogrove@concellodogrove.com