|
Servizos |


|
ADL O Grove |
|
Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello do Grove |

|
R/Castelao, 173 Baixo Telfn: 986730609 adlogrove@concellodogrove.com |
|
QUÉROME Destinatarias: Mulleres maiores de 18 anos. Buscamos: Crear un espazo de conversa e reflexión sobre a sexualidade e a erótica feminina. Contribuír ao coñecemento e vivenciación da sexualidade do xeito máis pracenteiro e satisfactorio. Explorar os distintos canles sensitivos e as potencialidades da erótica feminina. Desmantelar mitos, estereotipos e crenzas populares en relación á sexualidade feminina. Reflexionar sobre os modelos de educación afectivo sexual e as súas incidencias na sexualidade feminina. Favorecer o coñecemenento das características propias da sexualidade feminina. Contribuír ao coñecemento integral da sexualidade feminina. Data: venres 28 de novembro, de 19:00 a 21:00 h Inscricións: As inscricións realizaranse no Centro de Información ás mulleres. Edificio de Usos Múltiples, 1ª planta. Teléfono 986.730.900 en horario de 9 a 14 h ata completar o número de prazas Prazas limitadas: 20
|