ADL  O Grove

Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello do Grove

Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX)

 

Servicio da Concellería de Xuventude do Concello do Grove dependente da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Integrada na Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil (Rix) onde, a través, do Centro Coordinador (adscrito a Dirección Xeral de Xuventude) se recolle, cataloga, elabora e distribúe canta información sexa de interese para a xuventude. Esta información distribúese, semanalmente, por tódolos puntos e oficinas de información xuvenil de Galicia a través de revistas  e mediante a súa páxina web: www.rix.org

 

OBXECTIVOS DA OMIX

 

· Se-lo medio a través do que a Rede de Documentación e Información Xuvenil chegue a tódolos xoves da localidade.

 

· Fomenta-la información xuvenil en tódolos seus ámbitos: Cultura,  Ocio e tempo libre, Deportes, Educación, Formación, Saude, Vivenda, Asociacionismo, Programas de Xuventude, Idiomas….

 

· Prestar un servicio permanente de información, asesoramento e documentación ós xoves  sobre temas e asuntos que afectan a  súa vida cotiá e sobre oportunidades que se lle brindan dende os distintos organismos oficiais (bolsas, axudas, concursos, cursos…)

 

· Fomentar o asociacionismo xuvenil.

 

FUNCIÓNS DA OMIX

 

· Organizar actividades e cursos dende a propia OMIX de interese para a xuventude: cursos de conducción segura, cursos de informática e internet, monográficos de ocio e tempo libre, charlas informativas sobre educación, saúde, formación, voluntariado……

 

· Expídese o CARNÉ XOVE. Beneficiándose así os rapaces de entre 12 e 26 anos. Os interesados en obter este carné pode pasar pola OMIX cunha fotografía tamaño carné, DNI e 6 €. O resto dos carnés (alberguista, carné máis, estudiante internacional…) non os tramitamos pero damos información de como facelo.

 

· Tramitar actividades da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado como: Campamentos de Verán, Campos de Traballo, Espacios Naturais, Conducción Segura, Programa atlántida, Agora moto, Certame de  poesía, plástica e pintura, Coñece España….

 

· Difundir a información que se recolle na oficina  sobre  temas de interese para a xuventude a través de Boletíns que se reparten mensualmente por centros educativos, Anp’as, asociacións, Concello, Casa da Cultura e a todos aqueles xoves que pasen pola oficina.

 

· Ser o elemento de conexión entre os xoves ou as asociacións xuvenís e a administración.

 

FORMAS DE CONTACTAR

 

Persoalmente:

   Oficina de Información Xuvenil. Rúa Castelao, 173. 36980 O Grove (Pontevedra)

Por teléfono:  986 730609

Por Fax: 986 733902

Por Correo electrónico:          omix@adlogrove.com

 

 

HORARIO

· De luns a venres de 9:30 a 15.00 h. (No Edificio de Usos Múltiples)

· Martes e Xoves de 16.30 a 19.30. (Na Axencia de lectura de San Vicente)

 

 

ACEPTAMOS SUXERENCIAS PARA O MELLOR USO DO SERVICIO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

R/Castelao, 173 Baixo                   Telfn: 986730609         adlogrove@concellodogrove.com